Reserva de pistas Centro de Raqueta Santa Uxía

HORARIO DE VERÁN

De luns a venres de 10:00 a 14 horas e de 18:30 a 23 horas.
Sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 18 a 22 horas.
Domingo e festivos pechado.

HORARIO DE APERTURA RESTO DO ANO

De luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 23 horas.
Sábado de 09.30 a 14.00 horas e de 16 a 22 horas.
Domingo de 09.30 a 14.00 horas.
Festivos pechado.

TARIFAS DE ALUGUER

PISTAS DE PADEL

  • De luns a venres en horario de mañá : 10€/ hora. ( 15€/ hora e media)
  • De luns a venres en horario de tarde: 12€/ hora. (18€/ hora e media)
  • Sábados e domingos: 12€/ hora. (18€/ hora e media)

PISTA DE SQUASH

  • En calquera horario: 3,81€/ media hora.

PROTOCOLO DE ALUGUER PISTAS DE PÁDEL STA UXÍA

A TRAVÉS DE INTERNET

  • Pinchar en “Aluguer pistas de Pádel”.
  • Darse de alta coma usuario ( só a primeira vez).
  • Reservar horario. (hai a posibilidade de alugar en tramos de hora ou hora e media).
  • Facer o pago con tarxeta ou “Bono monedeiro”.
  • Unha vez no Centro de Raqueta Sta Uxía, dar os datos da reserva ao conserxe, antes de utilizar a pista.

POR TELÉFONO (só usuarios rexistrados).

  • Complexo Deportivo A Fieiteira (981 87 36 46)
  • Reservar horario.
  • Facer o pago no Centro de Raqueta Sta Uxía, antes de utilizar a pista(en metálico ou TPV)

EN PÈRSOA

NO COMPLEXO DEPORTIVO A FIEITEIRA (só en metálico)

  • Achegarse ao Complexo Deportivo A Fieiteira.
  • Reservar horario.
  • Facer o pago en metálico.
  • Unha vez no Centro de Raqueta Sta Uxía, dar os datos da reserva ao conserxe, antes de utilizar a pista.

NO CENTRO DE RAQUETA STA UXÍA – PISTAS DE PÁDEL (en metálico ou TPV)

  • Achegarse ao Centro de Raqueta Sta Uxía
  • Reservar horario.
  • Facer o pago en metálico ou TPV
  • Unha vez no Centro de Raqueta Sta Uxía, dar os datos da reserva ao conserxe, antes de utilizar a pista.

BONOS

Existe a posibilidade de acollerse á modalidade de bono, este bono, ten un custe de 120€ e da dereito a facer reservas por un importe de 144€. Os interesados en facelo, deben achegarse ao Complexo Deportivo A Fieiteira ou ben facelo a través de internet, na opción “Bono monedeiro”.

A reserva de pistas, por parte de usuarios acollidos a esta modalidade de bono, poderán facerse a través dos medios anteriores (Internet, teléfono ou en persoa).

Unha vez alugada unha pista, non se poderá suspender a reserva, salvo causa de forza maior e cunha antelación mínima de 24 horas.

O horario de reservas no Complexo A Fieteira é de luns a venres de 08:00 a 22.30 horas, sábado de 09:00 a 14:00 horas e 16:00 a 21:00 horas, e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

As novidades deste sistema de reservas con respecto ao anterior son:

  • A posibilidade de alugar, calquera das 4 pistas do Centro de Raqueta Sta Uxía, en tramos de 1 hora ou 1 hora e media (o novo programa reorganiza as horas restantes).
  • Poder pagar en metálico, no Centro de Raqueta Sta Uxía (Pago previo á utilización da pista).
reserva_padel