Centro de ensinanzas de réxime especial que imparte o Grao Elemental e o Grao Profesional de música. O Conservatorio Profesional de Música de Riveira comeza a súa andaina no ano 1979 coma Escola de Música, no 1992 nace o Conservatorio de Riveira coma filial do Conservatorio Superior de Música de Santiago, e no 2004 constitúese coma Conservatorio de Grao Profesional.

LOCALIZACIÓN:

O Conservatorio de Riveira está ubicado na provincia de A CORUÑA.

Comarca: Barbanza
Concello: Santa Uxía de Riveira
Rúa: Miguel Rodriguez Bautista, nº 21
C.P.: 15960

  • Atópase a 400 m do centro da cidade, na citada rúa que é un dos principais accesos ó centro da cidade. Está ubicado enfrente da Comisaría  Nacional de Policía.
  • Como accesibilidade ás inmediacións están o autobús e o coche.
  • O centro dispón de acceso ó interior do recinto para persoas con discapacidade.

CONTACTO:

Teléfono: 981 873 204 / 650 933 902
Fax: 981 876 031
Correo-e: cmus.profesional.ribeira@edu.xunta.es

 CONTEXTO:

O Conservatorio Profesional de Música de Riveira ubícase nas rías Baixas, na comarca do Barbanza, a64 km da capital galega, Santiago de Compostela.

Trátase dunha cidade pequena, cuns  14.000 habitantes. O Concello comprende varias localidades (Aguiño, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, e Palmeira), que rodean prácticamente o núcleo central da mesma. O Concello  consta duns  30.000 habitantes aproximadamente.

É a capital do Barbanza, e a súa actividade centrase principalmente no sector pesqueiro, no marisqueo, na industria conserveira e no sector turístico, todos eles ligados ó mar, posto que ven sendo un dos principais portos pesqueiros do país.

Riveira conta con máis de 800 anos de historia e cun patrimonio, paisaxe e cultura de gran importancia. O Parque Natural do Vilar, os espazos da Rede Natura, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, a súa gastronomía, e o carácter solidario das súas xentes son dignos de nomear.  Riveira é cidade dende o 23 de Marzo de 1906 cuxo título foi concedido polo Rei Alfonso XIII.

A área circundante ao centro, en xeral, e ó Concello de Riveira, en particular, son maioritariamente galego falantes, aínda que, como no resto do país, asistimos á diferenciación de usos propios da diglosia, a un deterioro do galego oral e a unha perda de falantes asociada ao proceso de urbanización e despoboamento do rural. Como trazo diferencial con outras localidades do país está o feito do importante aumento de poboación procedente doutras comunidades autónomas e outros países. Con todo, a realidade lingüística do centro ten como indicador que a maioría do alumnado é galegofalante.

O CENTRO (HISTORIA):

No ano 1979 ponse en funcionamento a Escola Municipal de Riveira sendo filial do Conservatorio Superior de Música da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. Isto permitía impartir ensinanzas oficiais en Riveira, baixo a premisa de facer os examenes finais no Conservatorio Superior de Santiago. As especialidades que inauguraron a andaina musical no nóso concello foron as de Piano e Solfexo.

En 1982 faise cargo da Escola Municipal de Riveira D. Enrique Paisal Rego, impartindo o solfexo e o piano, e no 1984 crease a Banda Municipal de Riveira.

En 1992 crease o Conservatorio de Grao Medio de Riveira coma filial do Conservatorio superior de Música de Santiago de Compostela da Sociedade Económica de Amigos do País. Por aquel entonces impartíanse as especialidades de piano, vento madeira, vento metal, e pouco despois aunmentábanse as de corda friccionada.

No ano 1995 o Conservatorio deixa de ser filial do superior de Santiago, logo de que se firme un convenio entre o Concello de Riveira (sendo alcalde D. José Luis Torres Colomer), e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (sendo o Conselleiro D. Juan Piñeiro Permuy).

Por decreto de 190/2004 do 29 de Xullo do 2004, crease o Consevatorio Profesional de Música de Riveira para impartir as ensinanzas correspondentes a os graos Elemental e Medio ou Profesional, publicado no D.O.G.A. nº 153 do luns 9 de agosto do 2004. O 30 de setembro do 2004, autorízase a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música de Riveira.

A día de hoxe o Conservatorio de Música de Riveira consta dun claustro de 15 mestres onde se imparten as especialidades de piano, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, gaita, violín, viola, violonchelo e guitarra.

Dende o seu comezo ata agora pasaron polo centro más de mil alumnos que iniciaron ou remataron os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Riveira, dependente da Concellería de Educación do Concello de Riveira.

O EDIFICIO:

O edificio consta de 4 plantas;

  • O soto
  • Piso baixo
  • Primeiro piso
  • Segundo piso  (baixo cuberta)