Obras e urbanismo

O Concello impulsa unha política activa de urbanismo caracterizada pola ambición de obxectivos, a calidade urbanística e a aposta decidida pola sustentabilidade. Establécese como unha prioridade a política de vivenda, planificando solo adicional para a creación de novas vivendas. Impúlsase, de xeito decidido, a construción de vivendas de promoción pública, en réxime de propiedade e de alugueiro.

Promóvense programas de urbanización ou reurbanización no conxunto da cidade. Avánzase, deste xeito, na dotación de equipamentos e servizos a todos os cidadáns, cun criterio de equilibrio territorial.

Brigada municipal de vías e obras.

Atende os problemas en solo de titularidade municipal, actuando nos seguintes supostos:

  • Reparación e reconstrución de beirarrúas.
  • Reparación e pavimentación en formigón e asfáltica.
  • Desbroce de maleza en pistas municipais.
  • Mantemento de edificios municipais.
  • Execucións subsidiarias, etc.

Actúa de oficio, por partes policiais ou a pedimento de particulares, mediante a presentación dunha queixa formal.

Praza do concello, s/n. 2ª pranta
Tel.: 981 83 54 17
Horario: Martes e Venres, de 9:00 a 14:00 horas.

Contacta con Obras e urbanismo.

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe

Escribe o texto que ves na imaxe:
captcha