Planeamento Urbanistico

A Consellería de politica territorial, obras públicas e transportes a través da web de planeamento urbanistico de información urbanística de Galicia permite consultar e descargar o planeamento dos concellos galegos, as normas subsidiarias provinciais e a lexislación urbanística xeral e sectorial de aplicación en Galicia.

Na actualidade atópase dispoñible o contido normativo do planeamento urbanístico coas súas respectivas modificacións puntuais. Nos concellos que carecen de planeamento xeral aparecen por defecto as normas subsidiarias provinciais correspondentes.

Recentemente incluíuse o contido informativo do planeamento xeral aprobado ao amparo da Lei 9/2002. Asemade incorporouse a posiblidade de descargar os conxuntos de planos nun so arquivo a escala.

Creouse o novo apartado histórico de planeamento no que se poden consultar as figuras que pasaron a ser históricas recentemente.

Para acceder o planeamento urbanistico do Concello de Riveira, só tes que acceder a través do enlace:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/main/SeeConcelloGALICIA.asp?concello=Ribeira