Presentación

Somos un servizo público, de dependencia municipal, que aborda a prevención, o tratamento e a integración social e laboral das patoloxías relacionadas co uso de drogas, tanto legais como ilegais e integrado na Rede de atención do Plan de Galicia sobre drogas, Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia.

A nosa oferta é gratuíta e os nosos principios de actuación baséanse na confidencialidade dos datos e o acceso voluntario ao tratamento.

A nosa vocación é a de servir á comunidade cun talante aberto e dispoñible a todos, teñan ou non problemas coas drogas.

Esforzámonos por ofrecer unha atención de calidade, sen listas de espera e consultas programadas puntuais, tanto aos usuarios directos coma ás súas familias.

O servizo de drogodependencias de Riveira conta con tres dispositivos a través dos cáles desenvolve diferentes programas/actuacións que pretenden unha abordaxe integro da drogodependencia (bio-psicosocioeducativa). Estes dispositivos son: A Unidade asistencial de drogodependencias, a Unidade de Día e o Plan comunitario municipal.

uadlogo