Taller de Radio ” A Voz da UAD”

O 19 do mes de marzo deste ano 2018 ponse en marcha na Unidade de Día do Servizo de Drogodependencias do Concello de Riveira un Taller de Radio que ten como obxectivos xerais das persoas participantes:

  • Potenciar a socialización, desde a súa comunidade de orixe, dando voz a un colectivo invisible en moitos ámbitos, positivizar a súa imaxe e reducir condutas de estigmatización e marxinación.
  • Conseguir e manter relacións sociais saudables
  • Promover a utilización do ocio como instrumento normalizador e facilitador da integración social, reforzando positivamente a integración social, aprendizaxe e culturización
  • Mellora de destrezas e habilidades sociais.

xoves 5 de abril emitiuse o primeiro Programa de Radio de" A Voz da UAD"

O tema que se tratou: "A Unidade de Día: Quen somos e que facemos"

Poderedes sintonizar Radio Voz, FM 88.8 o 107.5, para escoitalo os directo en horario de 11:30  a 12:00.

Próximos programas: xoves 19 de abril, 3 e 24 de maio, 7 e 21 de xuño de 2018.

ESCOITA AQUÍ OS PROGRAMAS EN DIFERIDO: