Escola Infantil Municipal

A escola infantil municipal é un servizo socioeducativo dirixido á poboación infantil de 0 a 3 anos. Pretende, a través dos servizos de asistencia ao centro e outros complementarios, contribuir a conciliación da vida laboral e familiar, así como á igualdade de oportunidades educativas dos nenos e nenas de Riveira.

LISTADOS PROVISIONAIS DO CURSO 2017-18

  • Solicitudes, grupo de idades 0-1 anos.
  • Solicitudes, grupo de idades 1-2 anos.
  • Solicitudes, grupo de idades 2-3 anos.

LISTADOS DEFINITIVOS DO CURSO 2017-18 

  • Solicitudes, grupo de idades 0-1 anos.
  • Solicitudes, grupo de idades 1-2 anos.
  • Solicitudes, grupo de idades 2-3 anos.

 

Datos da Escola Infantil Municipal

Ubicación: Rúa Cubeliños, s/n
Teléfonos: 981 835 266

Nº prazas: 185
Xestionada por: Ana Naya García S.L.
Director de xestión: Miguel Teijeiro Bello
Directora Pedagóxica: Olalla Ouviña Martinez

¿Quen pode acudir?

Todos os nenos e nenas que figuren empadroados no concello de Riveira así como os seus pais.
Nenos e nenas que residan noutros concellos pero que os seus pais traballen no concello de Riveira.

Prazos de solicitude

Existe un prazo durante os meses de abril e maio para tramitar as solicitudes para o seguinte curso académico. Non obstante, o prazo está aberto todo o ano, sendo necesario presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello unha semán antes do mes no que se precisa. A documentación a presentar é a seguinte:

  • Impreso de solicitud
  • Fotocopia do Libro de Familia ou Cartilla de Familia numerosa
  • Fotocopia do DNI do pai/nai ou representante legal
  • Declaración da renda do exercizo anterior ou xustificantes de ingresos (neste caso, apórtase declaración ou certificación negativa de facenda dos pais unha vez rematado o prazo legal de presentación, acompañada da última nómina ou declaración xurada de ingresos).
  • Certificado de minusvalía e/ou informe médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar.
  • Informe do equipo de valoración de minusvalías no caso de prazas de integración.
  • Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, desemprego, responsabilidades familiares,...)
  • Informe social, se fose preciso
  • Impreso de domiciliación bancaria
  • Certificado de convivencia

Horarios

O centro permanece aberto ininterrumpidamente de 7:30 horas a 21:00 horas de luns a venres, quedando a criterio dos pais a elección do horario que necesiten, tendo en conta que non poderá exceder as 8 horas diarias.

Prezos

Ordenanza fiscal

Existen diferentes tarifas a abonar en función tanto do tipo de xornada elixida como da situación económica e social da familia, oscilando os prezos desde a gratuidade total ata os 163,52 € mensuais como máximo pola asistencia ó centro. Dende o curso 2013/2014 ofrécese a posibilidade de media xornada (4 horas). Ademáis, existen descontos na tarifa se a familia ten algunha das seguintes situacións: fillos nacidos de partos múltiples, familias numerosas, ou fillos con irmáns na propia escola.

Outros servizos complementarios

  • Servizo de almorzo, xantar e merenda.

Persoal Educativo

  • Mestras especialistas en educación infantil
  • Técnicos especialistas en xardín de infancia

Características da Escola infantil municipal

  • Ubicada en zona urbana, cerca de varios colexios.
  • Na actualidade están en uso 11 aulas infantís con área de descanso, zona de aseo e zona de preparación de alimentos: dúas para nenos de 0 a 1 ano, tres para nenos de 1 a 2 anos, dúas de 0-3 anos e catro para nenos de 2 a 3 anos.
  • Aula de usos múltiples e comedor
  • Zona interior de xogos
  • Parque infantil exterior
  • Aparcadoiro

Máis información

Departamento de Servizos Sociais Comunitarios
Edificio Mirador de Padín, s/n
15960 Riveira ( A Coruña)

Teléfono: 981 873 409

Ou

Escola Infantil
Ubicación: Rúa Cubeliños, s/n
Teléfonos: 981 835 266
horario: 11:00 a 13:00h ou 16:00 a 18:00 horas.