Sete aspirantes a tocar nas festas de verán no concurso de artistas e bandas de Riveira

Un total de sete formacións ou solistas compiten no Primeiro Concurso de Artistas e Bandas Riveira 2018 que, promovido polo Concello e Musieventos, terá como principal premio a actuación por parte dos tres clasificados nas Festas de Verán de Riveira.

As formacións candidatas, todas recaladas nos municipios de Arousa Norte, son: Dislexia, Xeva, Cromer, Sweet Lemon Days, Asfire, Álex Millet e Art of Adrenaline.

Os internautas poden votar ata o 29 de xullo polos seus preferidos a través do enlace http://www.concurso.musieventos.com/, no que tamén poden ver uns vídeos dos aspirantes.

As tres bandas ou artistas máis votados obterán os seguintes premios:

1º: 550€ e actuación o día 3/8/18 como teloneiros do Tributo a Amy Winehouse.

2º: 300,00 € e actuación o día 2/8/18.

3º: 150,00 € e actuación o día 2/8/18.