Solicitude do desconto do Concello de Ribeira no bono bus universitario

Solicitude do desconto do Concello de Ribeira no bono bus universitario

Para solicitaren o desconto do Concello de Ribeira no bono bus con destino a cidades universitarias envíen, por favor, un correo a normalizacion@ribeira.gal. No correo incorporarán esta solicitude cuberta, unha copia da matrícula do curso 2020-2021 e unha copia do DNI.

AVISO: Se o curso pasado comprou bonos bus de Arriva e aínda ten viaxes por gastar, debe reclamarllas á empresa, e as viaxes quedarán ao seu dispor ata decembro. Póñolle aquí a ligazón onde facer a reclamación: https://arriva.gal/gl/; unha vez nesta páxina principal prema en “Tarxetas COVID”, unha lapela vermella, e cubra e envíe o formulario. Quen aínda teñan viaxes non deben solicitar de novo o desconto do concello ata que as vaian rematar.

Para calquera dúbida escriban a normalizacion@ribeira.gal