Taller de radio ” A VOZ DA UAD” e Programa de Información, Orientación e Asesoramento á comunidade.

TALLER DE RADIO: "A VOZ DA UAD"

O 19 do mes de marzo deste ano 2018 ponse en marcha na Unidade de Día do Servizo de Drogodependencias do Concello de Riveira un Taller de Radio que ten como obxectivos xerais das persoas participantes:

  • Potenciar a socialización, desde a súa comunidade de orixe, dando voz a un colectivo invisible en moitos ámbitos, positivizar a súa imaxe e reducir condutas de estigmatización e marxinación.
  • Conseguir e manter relacións sociais saudables
  • Promover a utilización do ocio como instrumento normalizador e facilitador da integración social, reforzando positivamente a integración social, aprendizaxe e culturización
  • Mellora de destrezas e habilidades sociais.

xoves 5 de abril emitiuse o primeiro Programa de Radio de" A Voz da UAD"

O tema que se tratou: "A Unidade de Día: Quen somos e que facemos"

Poderedes sintonizar Radio Voz, FM 88.8 o 107.5, para escoitalo os directo en horario de 11:30  a 12:00.

Podedes escoitalo en diferido na páxina web do Concello de Riveira no apartado de Servizos/Servizo drogodependencias.

Próximos programas: xoves 19 de abril, 3 e 24 de maio, 7 e 21 de xuño

PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO Á COMUNIDADE.

O Servizo de Drogodependencias pon en marcha un programa de atención á cidadanía, a través da páxina web do Concello de Riveira, no apartado de Servizo de Drogodependencias. Desde este enlace, calquera cidadán de forma anónima, pode realizar consultas de información ou orientación no ámbito das condutas adictivas(médica-psquiátrica, psicólóxica, social e/ou educativa).

Fai a túa consulta aquí.