Pleno

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal e está constituído polo alcalde e os concelleiros (é precisamente ao alcalde a quen lle corresponde convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar nalgún dos concelleiros).

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento municipal. Constitúeo unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre esta ao Pleno.

Unha das funcións do Pleno municipal que ten maior relevancia, dentro das súas tarefas de fiscalización e control dos órganos de goberno, está a votación das mocións de censura e confianza. Así mesmo, do Pleno dependen os acordos relativos á alteración da composición ou dos lindes do termo municipal ou os acordos sobre a participación do Concello en órganos supramunicipais.

Do Pleno dependen tamén as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, etc. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.

Praza do Concello, s/n 1º andar
T. 981 835 417
Horario: Luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h

Consultar todos los plenos