Tres campamentos de verán favorecen o desenvolvemento sociopersoal de nenos en risco de exclusión ou con diversidade

SOLICITUDE E ANEXOS CURSOS

 

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS, PROMOCIÓN SOCIAL, IGUALDADE E DIVERSIDADE DO CONCELLO DE RIVEIRA, a través do Departamento de Servizos Sociais, dirixido pola Concelleira Ana Isabel Ruiz Reiriz, ten previsto na súa programación de verán o desenvolvemento de tres campamentos.

Dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ponse en marcha esta iniciativa para que os nenos e nenas e a mocidade con diversidade funcional, que ao longo de todo o ano participan nos programas que se desenvolven neste servizo, poidan acceder tamén á oferta de campamentos de verán.

Con estas actividades preténdese favorecer a convivencia no medio natural e nun contorno normalizado onde, a través de actividades lúdicas e recreativas, quen participen teñan un tempo de diversión, entretemento e relación cos demais, favorecendo o seu desenvolvemento sociopersoal.

Oferta:

  • Campamento de Convivencia “GOLFIÑO”:

Instalacións: Campamento Xuvenil de Pontemaril (Forcarei)

Reserva: 14 prazas

Datas: do 16 ao 22 de agosto de 2019

Dirixido a nenos/as e mozos/as que participan nos programas de Servizos Sociais.

  • Campamento “Viveiro Dorneiro”

Reserva de 6 prazas para para nenos/as que participan nos programas de Servizos Sociais

Datas: mes de xullo.

  • Campamento de verán “A PITA CEGA”

Instalacións: Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei)

Reserva: 5 prazas

Datas: do 22 ao 28 de agosto de 2019.

Dirixido a persoas con diversidade funcional.

CONDICIÓNS para participar

  • Estar empadroado/a no Concello de Riveira.
  • Persoas con diversidade funcional, ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e unha mobilidade acorde coas características da instalación.

Prazo e presentación de instancias:

Campamento de verán “A PITA CEGA””

 Prazo de inscrición: do 21 de xullo ao 10 de agosto

Solicitudes: ao dispor no Departamento de Servizos Sociais, na páxina web e no Rexistro Xeral (OAC) do Concello de Riveira

Lugar de presentación: Rexistro Xeral (OAC) do Concello de Riveira.

O prazo de inscrición neste campamento de respiro familiar comeza o luns, día 21 de xullo, e remata o 10 de agosto de 2019. As solicitudes estarán ao dispor no Departamento de Servizos Sociais, páxina web e Rexistro Xeral (OAC) do Concello de Riveira. As solicitudes, logo de cubertos os datos, presentaranse neste Rexistro Xeral (OAC). As prazas outorgaranse por estrita orde de entrada das solicitudes.