Petroglifos de Figueirido
Nos últimos anos foron localizados na bisbarra barbanzana, da man de
historiadores e arqueólogos galegos, ducias de gravados en pedra que datan da
idade do Bronce. A maior parte destes petroglifos encóntranse en Porto do Son,
pero Riveira ten unha das mellores mostras desta arte rupestre, e cuns accesos
envexables. Na chamada Pedra das Cabras, no lugar de Figueirido - indo de
Riveira cara a Palmeira - obsérvanse unhas representacións zoomórficas de
grandes dimensións. Trátase de dous cápridos ou cérvidos, inscritos na pedra a grandes
trazos. A partir dun deseño cuadrangular, saen pola parte inferior catro trazos
paralelos a modo de patas, e pola superior, o pescozo cunha cabeza tamén moi
esquematizada. Comprobamos así como a vangarda da arte e as súas orixes se dan a man a
través da abstracción. Por outra banda, a fondura dos sucos, superior ó
habitual, pode indicar unha cronoloxía recente, dado o escaso desgaste.
Accédese desviándose desde o acceso á Vía Rápida situado na entrada sur de
Palmeira en dirección a Riveira. Ós 500 metros desa estrada secundaria, un outro
desvío asfaltado leva ata unha corredoira, ante a que é preciso deixa-lo
vehículo - no caso de telo usado. Dito camiño conduce á Pedra das Cabras, xunto
á cal un panel informativo enriquecerá os nosos coñecementos.
Tamén chegaron a ter certa sona os gravados antropomórficos de Sirves, que
databan da época medieval, pero desapareceron do seu lugar para non volver
aparecer ata o momento. Hai que anotar que existiu unha pedra semellante á da
Pedra das Cabras ben preto do dolmen de Axeitos, e recollido por Cuevillas nos
anos 20.
No Monte de San Alberto podemos apreciar varias pedras con cruces inscritas.
Corresponden ó medioevo e eran marcadas para delimita-lo Couto de Deán, neste
caso, ou outras propiedades. Estes gravados cruciformes tamén aparecen en
Palmeira, nun sitio coñecido como Pedra da Rá (non confundir co miradoiro). E
outra inscultura curiosa que data da Idade Media rexístrase en Corrubedo, detrás
da praia do Prado: trátase dun deseño que lembra unha especie de espada ou arma
afiada.
Como novidade, debemos sinalar a aparición de 6 ou 7 gravados de cérvidos de
pequenas dimensións e con grandes e ramificadas cornamentas. Foron achadas
recentemente na parroquia de Oleiros e teñen que proseguir aínda as
investigacións para unha maior extracción de datos. Do mesmo xeito, nas últimas
datas, certos investigadores repararon nunha inscripción de presunta orixe
romana, nunha das pedras que conforman o muro traseiro da igrexa de San Martiño
de Oleiros.
 |
| La Pedra das
Cabras es una muestra de arte de nuestros antepasados. |
En los últimos años se han localizado en la
comarca barbanzana, de la mano de historiadores y arqueólogos gallegos, docenas
de grabados en piedra que datan de la edad de Bronce. La mayor parte de estos
petroglifos se encuentran en Porto do Son, pero Riveira tiene una de las mejores
muestras de este arte rupestre, y con unos accesos envidiables. En la llamada
Pedra das Cabras, en el lugar de Figueirido - yendo de Riveira hacia Palmeira -
se observan unas representaciones zoomórficas de grandes dimensiones. Se trata
de dos cápridos o cérvidos, inscritos en la piedra a grandes trazos. A partir de
un diseño cuadrangular, salen por la parte inferior cuatro trazos paralelos a
modo de patas, y por la superior, el pescuezo con una cabeza también muy
esquematizada. Comprobamos así como la vanguardia del arte y sus orígenes se dan
la mano a través de la abstracción. Por otra parte, la profundidad de los
surcos, superior a lo habitual, podría indicar una cronología reciente, dado el
escaso desgaste.
Se accede desviándose desde el acceso a la Vía Rápida situado en la entrada sur
de Palmeira en dirección a Riveira. A los 500 metros de esa carretera
secundaria, otro desvío asfaltado lleva hasta un camino, ante el que es preciso
dejar el vehículo - en caso de haberlo usado. Dicho camino conduce a la Pedra
das Cabras, junto a la cual un panel informativo enriquecerá nuestros
conocimientos.
 |
| Con estes
gravados zoomórficos se representaba piezas de caza. |
También llegaron a tener cierta fama los
grabados antropomórficos de Sirves, que databan de la época medieval, pero
desaparecieron de su lugar para no volver a aparecer hasta el momento. Hay que
anotar que existió una piedra semejante a la Pedra das Cabras cerca del dolmen
de Axeitos, y recogido por Cuevillas en los años 20.
En el Monte de San Alberto podemos apreciar varias piedras con cruces inscritas.
Corresponden al medioevo y eran marcadas para delimitar el Couto de Deán, en
este caso, u otras propiedades. Estos grabados cruciformes también aparecen en
Palmeira, en un sitio conocido como Pedra da Rá (no confundir con el mirador). Y
otra inscultura curiosa que data de la Edad Media se registra en Corrubedo,
detrás de la playa de O Prado: se trata de un diseño que recuerda una especie de
espada o arma afilada.
Como novedad, debemos señalar la aparición de 6 o 7 grabados de cérvidos de
pequeñas dimensiones y con grandes y ramificadas cornamentas. Fueron halladas
recientemente en la parroquia de Oleiros y tienen que proseguir todavía las
investigaciones para una mayor extracción de datos. De igual modo, en las
últimas fechas, ciertos investigadores se fijaron en una inscripción de presunto
origen romano, en una de las piedras que conforman el muro trasero de la iglesia
de San Martiño de Oleiros.