Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.

Puntos de interese: Introducción

"Riveira, xoia natural das Rías Baixas"

O concello de Riveira, situado no extremo suroeste da península do Barbanza e da provincia da Coruña, asómase envexablemente tanto á ría de Muros e Noia, ao norte, como á de Arousa, ao sur, e á inmensidade do océano Atlántico na súa cara oeste. Así, Riveira inaugura desde unha perspectiva setentrional a fermosa liña da costa que perfilan as Rías Baixas galegas.

Ao longo e ancho dos seus 65,1 quilómetros cadrados de extensión, Riveira ofrécelle ao cidadán e ao visitante mil e un atractivos tanto naturais como debedores do home: desde as milenarias dunas aos monumentos megalíticos coma o dolmen de Axeitos, desde as praias que subliñan o litoral riveirense ata os edificios eclesiásticos espallados polas 8 parroquias do municipio, desde Sálvora e o resto de illas que a circundan ata as obras urbanísticas máis recentes que tentan recuperar o título gañado por Santa Uxía de Riveira a mediados do s. XX pola súa beleza: a cidade branca da ría de Arousa.

Galicia é un paraíso turístico e en Riveira atopamos unha escolma de todas as súas excelencias: monte arborado, praias edénicas, acantilados onde o bater do mar brúa furioso, paraxes naturais de altísimo valor ecolóxico e estético, e curutos que os caprichos xeolóxicos elevaron para que gocemos dunhas vistas impagables sobre a nosa comarca e mais as rías. Disto é do que poden saciarse as máis de 5000 persoas que cada ano pasan pola Oficina de Turismo Municipal; aínda que se estima que a vila recibe uns 300000 visitantes anuais.

Deixemos que falen un chisco as cifras: un 45% dos turistas veñen da nosa comunidade, o 49% do resto do Estado e un 6% proceden do estranxeiro –Francia e Alemaña sobre todo, Portugal, Italia, Arxentina.... Preto do 90% destes visitantes alóxanse no propio municipio, inzado de turistas en época de festas, fins de semana, Semana Santa e os dous meses estivais por excelencia, xullo e agosto. A maioría elixe casas ou apartamentos de aluguer, pero os hoteis e hostais reciben arredor dun 25% dos visitantes.

Pola súa banda, os cámpings dan cabida a un 10% do turismo; e non debemos esquecer que, dada a cantidade de xente emigrada, ben en xeracións pasadas, ben na actualidade, moita xente da que trae nova vida e aire a Riveira hospédase en casas de seu ou de familiares.

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.