Concello de Riveira
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Rutas | Actividades acuáticas | Equitación e Quads

.

.

TURISMO ACTIVO : Introducción.

A actividade turística está a experimentar un crecemento parello ao ascenso do nivel de vida na nosa sociedade; e o turismo pasivo, baseado simplemente no relax nun lugar diferente ao habitual está a quedar caduco, por máis que siga a convencer a moita xente. Pero é innegable que a demanda de actividades de lecer para realizar durante longas estadías en destinos de vacacións está a medrar e fai que se multipliquen as ofertas neste eido. Riveira non permanece allea a este cambio e, por iso, no concello o visitante dispón cada mañá da opción de escoller entre un variado abano de prácticas a medio camiño entre o deporte ou o exercicio físico e o goce turístico de novas paraxes e vivencias.

Ciclismo, equitación, deportes de vela, pesca deportiva, surf e derivados, submarinismo, sendeirismo, etc. Existen determinadas entidades de referencia ás que acudir para practicar este tipo de actividades:

O Club Náutico de Riveira, o Cámping Ría de Arosa 2 ou Ría de Arosa 2, ou as empresas Hidronauta e Vértice.

 

Rutas

Unha morea de suxerencias dos mellores itinerarios para coñecer a paisaxe respirando aire puro.

Acceder

.
Español English Português