Lecer e gastronomía: Introducción
Calquera lugar das Rías Baixas asóciase, case de inmediato, cos deliciosos produtos mariños cos que o océano nos agasalla, e coa exquisitez á hora de preparalos nos nosos restaurantes. Por outra banda, non é necesario lembrar a importancia gastronómica de toda Galicia, terra na que proliferan as exaltacións das máis diversas comidas. E Riveira, ademais da cada ano máis popular Festa do Percebe de Aguiño, destaca pola súa cultura do bo comer. Para comprobalo, non hai máis ca dirixirse a calquera dos restaurantes que aquí apuntamos, ou deleitarnos coas receitas que algúns dos locais máis representativos do municipio ofreceron como mostra do seu bo facer na cociña.
Se a gastronomía, como elemento fundamental da cultura, nos distingue aos homes do resto dos animais, outro tanto ocorre co lecer. Non faltan en Riveira locais de ocio de todas as clases e para todos os gustos. Das diferentes zonas de ambiente, así como dos sitios nos que practicar o usual hábito de ir de compras, damos aquí boa conta. De seguro atopará unha atmosfera agradable, músicas heteroxéneas e acolledores establecementos nos que departir amigablemente ou bailar as pezas máis animadas.
|