Concello de Riveira
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMÍA

INFORMACIÓN

.
Aloxamentos | Números de interese | Transporte

.

.
INFORMACIÓN: Introducción

Galicia é un paraíso turístico e en Riveira atopamos unha escolma de todas as súas excelencias: monte arborado, praias edénicas, acantilados onde o bater do mar brúa furioso, paraxes naturais de altísimo valor ecolóxico e estético, e curutos que os caprichos xeolóxicos elevaron para que gocemos dunhas vistas impagables sobre a nosa comarca e as rías. Doutra parte, Riveira, pola súa situación, non se pode considerar un lugar de paso; está arrecunchada e o ideal para visitala é ficar uns días entre as súas xentes e ambientes. Neses casos, que pode ser máis conveniente có repouso, hospedado nun cálido e hospitalario lugar? Pois para aloxarse, Riveira oferta diferentes alternativas.

Deixemos falar un chisco ás cifras: cada ano pasan pola Oficina de Turismo Municipal máis de 5000 persoas, aínda que se estima que a vila recibe uns 300000 visitantes anuais. Un 45% dos turistas veñen da nosa comunidade, o 49% do resto do Estado e un 6% proceden do estranxeiro –Francia e Alemaña sobre todo, Portugal, Italia, Arxentina.... Preto do 90% destes visitantes alóxanse no propio municipio, inzado de turistas en época de festas, fins de semana, Semana Santa e os dous meses estivais por excelencia, xullo e agosto. A maioría elixe casas ou apartamentos de aluguer, pero os hoteis e hostais reciben arredor dun 25% dos visitantes. Pola súa banda, os cámpings dan cabida a un 10% do turismo; e non debemos esquecer que, dada a cantidade de persoas emigradas, ben en xeracións pasadas, ben na actualidade, moitos da que traen nova vida e aire a Riveira hospédanse en casas de seu ou de familiares.

Á marxe dos aloxamentos, ofrecemos nesta sección unha relación de referencias ás que acudir para informarse da mellor maneira sobre calquera atractivo turístico; e números telefónicos aos que recorrer en distintas casos, necesidades e circunstancias.

Números interese

Lista de teléfonos onde atopar máis información sobre o municipio.

Acceder

 
.
Español English Português