Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
OUTRAS PEGADAS HISTÓRICAS

Castro de la Cidá

Riveira

Os nosos devanceiros celtas ocuparon estes lares durante varias xeracións ata a romanización, hai case 2000 anos. Da súa cultura conservamos abondosas pezas (armas, xoias, utensilios...) e, como non, restos das súas construcións emblemáticas: os castros.

En Riveira, a falta de profundar na investigación, o xacemento castrexo máis popular atópase no chamado Monte da Cidá, 40 metros máis alto có Miradoiro da Pedra da Ra e no curuto coñecido como O Castro. Aquí é doado identificar algún que outro muro daquelas vivendas, ou formas circulares enterradas por completo.

Outros restos castrexos pódense atopar en Artes, Castiñeiras, no Monte Facho ou no Monte Tahúme, e con maior accesibilidade, os coñecidos como Castros do Porto Dabaixo, situados en pleno Parque Dunar, a 100 metros da Lagoa Pequena ou de Vixán.

Subir

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Peirao  Fenicio

Aguiño


 

Coñécese con esta denominación ao vello espigón situado na Covasa, en Aguiño. Unha ringleira de enormes pedras de cantería ordenadas en tres chanzos ten divididos aos investigadores. Uns estudos aseguran que esas pedras, aínda tan ben dispostas, son os restos dun porto que os fenicios construíron en Aguiño para facer escala nas súas frecuentes viaxes comerciais polas nosas costas alá polos séculos XII a VIII a. C., cando este pobo do Oriente Medio se atopaba no esplendor do seu éxito no tráfico e compra-venda de mercadorías. Se ben, volvendo á polémica, outros defenden que se trata de vestixios dunha fábrica de salgadura dos florecentes tempos en que os cataláns deron pulo á economía da zona.

O Peirao Fenicio atópase a 500 metros do auténtico porto de Aguiño. Está sinalizado e a única dificultade é o último tramo, que non conta con capa de asfalto.

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.