Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
Nesta sección consulta:

 

Introducción | Itinerario 1 | Itinerario 2 | Itinerario 3
Máis información

 

Parque Dunar: Introducción

CIELGA (Centro de Interpretación do ecosistema litoral galego)
 

O Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán foi declarado Parque Natural o 5 de Xuño de 1992; e uns oito meses máis tarde pasou a formar parte do convenio RAMSAR (humidais de importancia internacional). Un parque natural é unha superficie de territorio cun alto grao de virxindade e que merece unha atención preferente na súa conservación, dados os seus valores estéticos, ecolóxicos e científicos. Este Complexo ocupa unha área de 1000 ha. e sitúase entre as parroquias de Corrubedo, Artes e Carreira.

Neste Parque atopamos un centro de recepción de visitantes, a Casa da Costa [+ info en "Edificios visitables"], onde os biólogos do Complexo ofrecen toda a información que os visitantes (uns 250000 cada ano) desexen. Ao seu carón encóntrase o CIELGA (Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral Galego) [+ info en "Edificios visitables"], un espazo monitorizado e con exposicións sobre aspectos determinados –biolóxicos ou botánicos– do parque de dunas.

Os seus máis de 5 quilómetros de costa, conformados na súa práctica totalidade por areais de orixe sedimentaria, son pouco accidentados. O transporte exercido polo vento permitiu o desenvolvemento de varios cordóns litorais de dunas, moitas delas semiestabilizadas pola vexetación. Mención especial hai que reservar para a duna móbil, a maior do noroeste peninsular e tamén a grande atracción do parque, de 1,2 quilómetros de lonxitude, 250 metros de ancho e 15 metros de altitude nos seus puntos máis elevados. As correntes de aire arrastran a area cara ao interior, con dirección nordeste, a un ritmo de 2 a 3 cm. por ano.

Praia do Vilar, a máis emblemática do parque.

O devandito cordón dunar foi a causa, nun proceso inmensamente lento, dunha represa da auga que formou a lagoa de Carregal. Esta quedou comunicada co mar por un conxunto de canais; a zona inúndase e drena dependendo do réxime intermareal, conformando deste xeito unha marisma. Constitúe unha auténtica piscifactoría natural.

 

 

Doutra banda, a lagoa de Vixán, orixinada mediante un proceso semellante, comunícase co mar só nos períodos equinocciais. A auga doce desta lagoa confírelle unhas características ecolóxicas sensiblemente diferentes da anterior, de augas salubres (mestura de salgadas e doces).

A flora e a fauna do parque presentan unha riqueza comparable á beleza paisaxística de todo o Complexo. Este ecosistema, no que se rexistra un micro-clima particular, de características tropicais, é representativo dos 1.300 quilómetros de costa galega, dada a súa biodiversidade, tanto no mundo animal como vexetal (ou micolóxico). Hai aves case únicas e entre a vexetación distínguense zonas de turba, de bosque de ribeira (salgueiros, olmos, ameneiros)... En definitiva, unha mostra de case todas as comunidades vexetais propias das marismas, lagoas e areais do litoral autonómico.

 

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.