Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
Nesta sección consulta:

 

Introducción | Itinerario 1 | Itinerario 2 | Itinerario 3
Mais Información

 

   
Parque Dunar: Itinerario 1 (Camiño do Vento)

Cargar mapa do itinerario

   
Desembocadura do Río do Mar
 

O denominado Camiño do Vento é un dos itinerarios propostos desde o CIELGA para un goce do Complexo Dunar proveitoso e respectuoso ao mesmo tempo.

O inicio sitúase na pasarela do aparcadoiro de Olveira, desde onde se divisa a gran duna móbil e toda unha pradería de baixas dunas –os Campos de Olveira. Atravesando esta chaira observamos unha gran diversidade botánica: orquídeas, carrasco bravo... Outro tanto ocorre coas aves.

O momento álxido do traxecto vivímolo ao chegar á Duna Móbil, unha das de maior dimensión do norte da península Ibérica, que acada unha altura de 16 metros no punto máis alto do seu quilómetro de lonxitude. A carencia de vexetación deixa a duna a mercé dos ventos, que a empuxan –sobre todo os do nordeste– paseniño cara ao interior dos Campos de Olveira, a un ritmo de 2 ou 3 centímetros por ano. A pendente do lado de sotavento, a cara interior, acada os 30 º, mentres que no lado de barlovento, a pendente é menos pronunciada e alóngase ata fundirse coa praia da Ladeira.

Precisamente, ao chegar á praia da Ladeira, podemos aproximarnos ás pedras que quedan ao descuberto durante a marea baixa: as pedras da Ferreira e Pedrecelos. Na baixamar, vemos tamén nas pozas e nos recunchos das pedras os arneiros, uns curiosos crustáceos, ou mexillóns, un dos moluscos máis coñecidos.

Non podemos deixar de observar a canle de comunicación da lagoa e a marisma de Carregal co Océano Atlántico: o Río do Mar. Sempre está en movemento e, esporadicamente, modifica o seu curso variando o lugar polo que desauga, a causa das fortes correntes e das tempestades invernais. En certas épocas do ano, mariscadores da zona explotan este espazo natural para a extracción de berberecho.

A chaira intermareal é o espazo da lagoa onde conflúen o medio doce e o salgado, moi influenciado por ambos os dous. Aquí encontramos unha enorme riqueza ornitolóxica, entre a que destaca o corvo mariño grande, que na época invernal busca peixes dos que alimentarse entre as augas das canles da marisma. No grupo dos mamíferos, o máis significativo é a lontra común. Aliméntase de peixes, anfibios, réptiles, crustáceos e mesmo pequenas aves acuáticas. É difícil de ver, ademais dunha fantástica nadadora, que pode percorrer ata 400 metros baixo a superficie acuática.
Vista da maior duna móbil da península Ibérica.

No medio da marisma de Carregal hai unhas curiosas pedras, as Pedras da Lagoa. A lenda conta que Santiago Apóstolo, co seu cabalo, atravesou a enseada de Corrubedo nun espectacular chimpo que vai do Monte da Cidá ata as Pedras de Lavandeira e as Pedras do Canal, e desde aí a Corrubedo, percorrido que se segue polas pegadas gravadas nas pedras.

Nos arredores da marisma atopamos unha pequena charca de onde se extraía o barro para fabricar as tellas e ladrillos que se cocían logo nos fornos da tella que había nas proximidades. Nesta poza habitan zapateiros, cabaliños do demo, ras ou tritóns.

Agudizando a vista, aprécianse dous montículos cubertos de vexetación: son os restos dos fornos de Cortiza e de Canosa; neles cocíanse tellas e ladrillos logo empregados nas construcións dos arredores do agora Parque Natural. O forno da tella constaba dunha base rectangular de ladrillo e pedra, e nas proximidades chegouse a contar ata 4 fornos da tella. Chegaban barcos de Noia só para o abastecemento de tellas; pero máis adiante decaeu esta industria.

Así remata este percorrido duns 5 quilómetros, dificultade baixa e cuxa duración pode rolda as 3 horas.

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.