Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
Nesta sección consulta:

 

Introducción | Itinerario 1 | Itinerario 2 | Itinerario 3
Mais Información

 

   
Parque Dunar:Itinerário 3 (Camiño da Água) 

Cargar mapa do itinerario

   
Lagoa de Vixán co observatorio ornitolóxico á dereita da imaxe.

O Camiño da Auga é outra das propostas que desde o equipo de conservación e xestión do Parque Dunar se brinda ao visitante en aras dun enriquecemento amplo e plural. En concreto, esta ruta xira arredor da Lagoa Pequena ou de Vixán.

Situamos a partida no aparcadoiro do Vilar, e a través do Campo de Amendo, empréndese o camiño cara á Lagoa. O primeiro alto realizámolo nunha pena de granito desde a que se ten unha completa vista da lagoa, do cordón dunar e dos prados que a circundan.

A lagoa de Vixán formouse a raíz dunha masa de auga doce que se acumulou cando as dunas cegaron a saída ao mar do río dos Muíños. Varias capas de sedimentación reduciron o tamaño da lagoa ao seu aspecto actual.

Entre a praia e a lagoa comprobamos a sequidade do cordón litoral de dunas vexetadas. Esta vexetación está adaptada á falla de auga e xunto cun vento cargado de pequenos sedimentos que erosionan a superficie das plantas e o terreo areoso impiden toda posibilidade de enraizar. Por iso, as plantas que podemos atopar presentan espiñas ou pelos, ou teñen bulbos nas raíces, elementos que evitan a perda de auga ou que acumulan a escasa cantidade que atopan.

Muiños restaurados na aldea de "O Vilar"

Achegándonos á lagoa de Vixán, non será difícil decatarse do valioso hábitat que representa para a vida acuática; os nutrientes procedentes dos ríos e as infiltracións permiten o desenvolvemento dunha rica vexetación, que á súa vez serve de alimento e refuxio para un amplo e diverso número de fauna. Na lagoa diferéncianse claramente dúas partes: a metade interior está cuberta por carriza, mentres que a parte noroeste está ocupada por comunidades de xuncos de mar. Entre as aves acuáticas destacan o picapeixe, as garzas reais, o corvo mariño ou os cisnes vulgares, que se achegan á lagoa en épocas de frío máis intenso.

Neste punto do camiño, podemos optar por aprender algo de historia atravesando a canle da lagoa ata o Castro do Porto de Baixo, un castro marítimo do que se aprecian uns muros agochados pola area e que poden datarse entre os 2500 e os 1500 anos. O nome de Porto de Baixo recíbeo pola existencia nun tempo dun pequeno peirao natural situado ao norte do castro.

Desde o castro preséntanse varias posibilidades: seguir ao sur ata A Graña, nun tramo no que destacan as praias de cantos rodados; bordear a lagoa polo lado onde se atopa o observatorio de aves, ou ben regresar e retomar o itinerario principal.

Praia da Lagoa.

No Campo de Amendo é patente a humanización de certas zonas do Parque, e aquí localízanse os primeiros terreos cultivados das aldeas lindeiras. Se nos aproximamos máis ás aldeas, observamos construcións populares coma hórreos, ou os restaurados muíños do Vilar.

Dous muíños de río, abandonados, foron recentemente restaurados, transformándose en dúas pezas de gran valor do Parque Dunar, así como preservando a memoria histórica da nosa cultura.

Desde Os Muíños, un camiño condúcenos entre distintos cultivos da xente das aldeas ata chegarmos de novo ao punto de partida, terminando desta maneira un traxecto de 3 quilómetros que precisa dunhas 2 horas para completarse.

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.