Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
Nesta sección consulta:

Introdución | Vionta - Noro - Sagres | Propriedade
Recomendacións | Normativa | Non se permite

Illa de Sálvora: Vionta - Noro - Sagres

Vionta é a meirande das illas medianas, cuns 200 metros de ancho por uns 600 de lonxitude; o curuto máis alto, de 12 metros de altura, coñécese como Galo de Vionta.

O illote de Noro, moi próximo, ten forma de montículo piramidal. A súa face ameazante, de estrañas e impoñente figuras, fixo xurdir a crenza lendaria de que a Santa Compaña accedía a este noso mundo a través deste illote. Outra das illas medianas, de menor sona, é a Herbosa, que se ergue ata os 16 metros no seu punto máis alto.

Ilhote de Noro ILHA de Sagres Homem de Sagres Plaia de Vionta

Illote de Noro, Illa de Sagres, Home de Sagres, Praia de Vionta

A illa de Sagres, máis preto da costa, en fronte á punta Falcoeiro, é moi pedregosa. Sobre ela tamén circula algunha que outra lenda, a máis coñecida das cales é a que dá nome a unha rocha de fisionomía singular: o Home de Sagres. A historia conta que o home de Sagres e o Falcoeiro anhelaban o amor dunha mesma muller; os dous pelexaron e varias partes do corpo do vencido foron parar ao mar, preto do lugar da loita, dando orixe a moitas denominacións. Así, as moas foron dar ao Carreiro, os cairos caeron máis aló dos Prexeiros e as Quixadas preto da punta de Couso. O Home de Sagres púxose a descansar na illa que lle pertencería por dereito propio para sempre.

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.