Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
Nesta sección consulta:

Vistas 360º | Miradoiros

Vistas: Miradores

A Garita

Riveira

O miradoiro de A Garita está constituído por unha curiosa pedra que dende hai milleiros de anos serve para divisa-las parroquias de Carreira e Aguiño, así como, nun tempo, as temerosas incursións de viquingos, normandos ou ingleses pola ría. Atopámolo nun monte que se eleva, pouco máis de 100 metros, entre Santa Uxía e Castiñeiras, e o gran penedo que serve de atalaia presenta uns chanzos na súa superficie que fan as veces de escada. O conxunto de pedras, agochado entre un frondoso piñeiral, forma estrañas covas que serviron tamén de refuxio a antiguos poboadores celtas. Malia a súa modesta altura, a vista é privilexiada sobre as devanditas parroquias, así como sobre a fermosa illa de Sálvora.

O tramo final do acceso é pouco recomendable para os automóbiles e debe facerse a pé, logo de abandona-lo vehículo na estrada que comunica Riveira con Castiñeiras, pasando polo complexo deportivo de A Fieiteira.

 
Os Forcados

Oleiros

Con 624 metros por derriba do mar, sobresae como un dos máis elevados picos da Serra do Barbanza, superando en máis dun cento de metros ó curuto de A Curota. O teito de Riveira encóntrase no extremo norte do concello (pertencendo a súa ladeira posterior ós concellos de A Pobra e Porto do Son), no centro mesmo, o cal permite unha visión xeral da superficie do municipio, dos seus montes, das parroquias e, parcialmente, das rías de Muros e Noia e de Arousa; e non só de

Riveira, senón de toda a cadea montañosa que vertebra a península barbanzana e parte dos concellos colindantes co riveirense: Porto do Son e A Pobra. O acceso realízase pola estrada que guía ata A Curota, desde Moldes (ata esta encrucillada pódese chegar desde Pobra, Palmeira, Riveira ou Oleiros); hai que continuar polo camiño asfaltado ata tomar un desvío á man esquerda, indicado.

 
Monte Tahume

Olveira

 O segundo cumio máis alto de Riveira, (moi) por detrás dos Forcados, é o Monte Tahume, con 242 metros de altitude e un dos miradoiros máis atractivos do municipio, xa que é o monte máis occidental, o cal permite unha ollada sobre a ría de Muros e Noia e sobre a cara norte da península de Barbanza, de esguello. En dirección ó interior, sorpréndenos o Parque Dunar visto desde unha perspectiva orixinal e inédita, e vemos na punta do suroeste o Faro, culminando a parroquia de Corrubedo e postrado ante o sol no seu ocaso. Ós nosos pés quedan as aldeas do municipio, o monte Facho e as praias da cara oeste, de Riveira e do sur de Porto do Son.
 
A Pedra da Ra

Riveira

Igual de céntrico ca Os Forcados, pero na parte Sur do concello, atopamos o Monte Castro, de 213 metros no seu punto máis alto. Un chisco máis abaixo, na cresta dun penedo con forma de rá, que dá nome ó miradoiro, e acondicionado dende hai anos cunhas escaleiras e unha plataforma, podemos admirar inmellorablemente todo o Parque Dunar e incluso os puntos máis extremos ó Sur, como é Couso, e ó Oeste, Corrubedo. Desde o cumio do monte, onde se atopan algúns restos castrexos, ábresenos o resto do municipio ós nosos pés, nun panorama conmovedor e inesquecible.

Ata a Pedra da Rá temos unha estrada asfaltada que sae da vía que comunica Xarás con Frións, polo Parque Periurbán de San Roque. O camiño ata o cumio debe facerse a andar, por un típico carreiro entre os enxebres toxos.

 
Mirador del Parque Periurbano de San Roque

Riveira

Inserto no amplo Parque Periurbán, este miradoiro é o máis cercano ó núcleo urbán de Riveira - desde o que se pode ascender a pé sen excesivas dificultades - e supón un segundo balcón sobre Santa Uxía, xunto con San Alberto. Obsérvase a cidade, á beira da ría de Arousa, e o tempo pode discorrer á marxe do que dicte o reloxio mentres contemplamos o trasego de barcos, a actividade no peirao, as figuras en miniatura dos vehículos...

Ademais dos múltiples accesos a pé, a entrada ó Parque Periurbán de San Roque sitúase a carón da estrada que comunica a rotonda de Xarás con Frións.

 
Monte de San Alberto

Riveira

Os emprazamentos para as capelas non se elixen caprichosamente, e moito menos neste caso. No monte de San Alberto, a uns 213 metros sobre o nivel do mar, ben se pode detecta-la man divina ó erguer semellante balcón sobre Santa Uxía. A un lado, impresionante vista panorámica da ría de Arousa e do núcleo urbán; a outro lado, o resto do concello, e en especial un dos seus tesouros naturais máis preciados, o Parque Dunar, coa duna móbil relampando coa súa intensa e límpida area branca.

O acceso realízase polo polígono de Xarás, seguindo as indicacións ata a capela de San Alberto, xusto no lugar máis adecuado para deleitarse coa paisaxe, humanizada ou virxe e salvaxe.

 

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.