Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
Nesta sección consulta:

Dólmen de Axeitos | Petroglifos de Figueirido

Dólmen de Axeitos

Este monumento funerario ten máis de 4.000 anos de antigüidade

Monumento funerario da época megalítica, situado no lugar de Axeitos (Oleiros); é unha das antas máis representativas da prehistoria galega. Está formado por oito lousas imbricadas sobre unha planta poligonal. A cámara mide 2,30 metros desde a entrada ao fondo, e 3 metros de lado a lado. A altura do monumento acada os 2 metros e as medidas da laxe de cobertura son de 4,50 por 3,50 metros.

Este sepulcro ten arredor de 4000 anos de antigüidade, e suponse que eran tumbas comunais nas que se enterraban varios membros de poboados que se asentaron nestas terras naquel tempo. A hipótese máis aceptada sobre o mecanismo empregado para elevar as pedras –especialmente a superior– recorda o sistema utilizado por exipcios e romanos: amoreaban terra ata obteren unha rampla, logo trasladaban a laxe sobre madeiros que arrolasen con facilidade ata poder colocala no lugar preciso.

O acceso realízase seguindo a C-550 cara a Noia, á altura de Oleiros, onde se indica claramente o desvío. Sucesivos carteis guían ao visitante ata o lugar onde está a arca. O Dolmen de Axeitos é un dos restos megalíticos máis importantes conservados de Galicia.

El Dolmen de Axeitos es uno de los restos megalíticos mejor conservados de Galicia.

Máis esquecido ultimamente, este monumento é tamén coñecido co nome de Pedra do Mouro, tal e como describiron no primeiro estudo sobre o dolmen López Cuevillas e Bouza Brey, no primeiro terzo do s.XX. Como anécdota, recollida polo cronista oficial de Riveira, Carlos García Bayón, non está de máis mencionar o curioso costume do famoso escritor Ramón Mª del Valle-Inclán. Ao parecer, gustaba de achegarse ao monumento, rubir ata o alto e, erguido sobre a gran laxe horizontal, esbardallaba coma un druída arengando os antepasados.

En toda a área barbancesa e, xa que logo, en Riveira, atopamos diversos indicios e restos dos nosos devanceiros. Da cultura megalítica, á marxe do inescusable Dolmen de Axeitos, atopamos certos vestixios: o dolmen de Coroso (unhas pedras xa descolocadas e semi-soterradas, pero nas que se aprecia aínda a man do home); os túmulos de Corrubedo (unhas mámoas que se confunden con dunas vexetadas e que podemos atopar na zona noroccidental do Parque Natural; e un menhir de 2,5 metros de alto e 40 cm. de diámetro, descuberto recentemente por un particular que o ten exposto na súa finca no lugar do Agra, a 50 metros da Igrexa Parroquial de Santa María de Olveira. Esta laxe, que se cre indicaba tamén tumbas, foi achada nunhas leiras que este veciño de Olveira posúe xusto en fronte da finca; e ao parecer, outro menhir de semellantes características se encontra aínda alí enterrado.

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.