Igrexas
| Igrexa Parroquial do Bo Pastor |
Castiñeiras |
Unha das máis recentes no concello. Castiñeiras era parroquia eclesiástica desde 1967 e o templo principal foi a capela do colexio do Sagrado Corazón –establecido polas Irmás desta orde en Castiñeiras desde 1917– ata Maio de 1983, cando o prelado Antonio María Rouco Varela inaugura esta igrexa, deseñada polo arquitecto José A. Franco Taboada. De planta oval e aínda sen concluír, pois a parte exterior posterior está á espera de ser empedrada, a decoración interior garda relación coa cultura do traballo, e entre as pezas máis valiosas conta cun gran Cristo no retablo, obra de Alfredo de Santiago. |
|
Subir
 |
|
Igrexa Parroquial da Nosa Señora do Carme |
Aguiño |
Comezouse a súa construción en 1959, cando Aguiño se segrega como parroquia de San Paio de Carreira. O edificio, obra do arquitecto Antonio Tenreiro Bonachón, inaugurouse en 1967 e presenta unha disposición moi funcional, cunha lonxitude maior ao ancho có longo e un aspecto moderno. Ademais da inmellorable acústica, este templo sobresae pola súa capacidade: 500 persoas. |
|
Subir
 |
|
| Igrexa de San Martiño |
Oleiros |
A antiga igrexa parroquial de San Martiño de Oleiros pasou a ser na actualidade unha capela da parroquia de Olveira. O templo primitivo debeu ser, coma na maior parte dos casos, románico. Desas datas sobreviviu unha escultura: unha Mater Dolorosa tallada en granito que se encontra nun dos muros do adro. No mesmo solar edificouse en 1769 outra igrexa de estilo neoclásico. Máis tarde, polo 1859, foi ampliada. A modo de curiosidade, pódese citar algunha copla popular dedicada a certo párroco que non pasou desapercibido para a fregresía: "o cura de San Martiño / éche moi bo confesor / que confesa ca criada / debaixo do cobertor". |
|
Subir
 |
|
| Igrexa Parroquial de San Pedro |
Palmeira |
A igrexa actual data de 1757, como se aprecia gravado no alto dunha columna. Era párroco Carlos A. Obreiro Patiño. Logo acometeuse unha segunda fase de ampliación, e incluso unha terceira, levada a cabo en 1907 e que lle outorgou a fachada neoclásica de hoxe. Da antiga igrexa parroquial, situada no lugar de San Pedro e que ben podería pertencer ao románico (malia que Palmeira constou como parroquia a partir do 1607), consérvanse algúns restos. |
|
Subir
 |
|
| Igrexa Parroquial de San Xulián |
Artes |
De estilo neoclásico e cunha bóveda de canón concluída entre 1770 e 1780, veu substituír o templo primitivo, probablemente románico. En documentos de 1423, xa aparecía Artes mencionado como parroquia. Nas proximidades da igrexa, no centro de Artes, atópase o cemiterio, a casa reitoral e unha explanada asfaltada. |
|
Subir
 |
|
| Igrexa Parroquial de Santa María |
Corrubedo |
Este templo data de 1907 (cando Corrubedo se incluía na parroquia de Olveira e non era independente, feito que se produciría en 1928) e presenta un aspecto neoclásico. A igrexa atópase rodeada polas vivendas, entre rúas labirínticas, e conta cun pequeno adro. A igrexa anterior ocupaba o mesmo solar, e a nova foi edificada polo mestre canteiro J. Rey Bretal.
|
|
Subir
 |
|
| Igrexa Parroquial de Santa María |
Olveira |
Construída no ano 1967, a imitación do estilo clásico, foi situada no lugar do Agra, unha rexión aproximadamente equidistante das dúas parroquias que foron fusionadas por tales datas: Oleiros e Olveira. Levantada en cantería sobre unha base en cruz, ten unha lonxitude duns 30 metros. No altar consérvanse unhas reliquias dos santos mártires de Nectario e Victorina, que datan do s. III. |
|
Subir
 |
|
| Igrexa Vella |
Olveira |
Un dos templos máis antigos en terras riveirenses, de orixe románica (recentemente foron achados unha cripta, cunha escaleira entre paredes, un Agnus Dei e dúas columnas cos seus capiteis que certificaban esta antigüidade). A última ocasión na que foi reconstruída lévanos ata o século XVIII, en concreto o 1742, como o indica a inscrición no arco da entrada, co cal queda encadrado no neoclásico. Situada nun outeiro de Olveira, asómase na cuíña para divisar toda a extensión da parroquia e incluso o parque Dunar. O adro foi utilizado como cemiterio e consérvase inzado de lápidas. |
|
Subir
 |
|
| Igrexa de San Paio |
Carreira |
O templo actual da Capela de San Paio, en Frións-Carreira, é de 1717; pero coñécese con certeza que no mesmo solar houbo outro, quizais románico. De estilo neoclásico e con cruceiro, atesoura varias lendas en torno del. Un incendio a comezos do s. XX queimou o primitivo retablo maior, barroco; un lóstrego xa destruíra a torre do campanario en 1818, e o canteiro que o refacía faleceu nun desafortunado accidente ao caer do tellado xusto antes de colocar o remate. |
Subir  |
|
|
Igrexa Parroquial de Santa Uxía |
Riveira |
|
O templo principal do concello de Riveira, de estilo neoclásico e erixido en 1864, foi deseñado por Faustino Domínguez. Veu substituír a antiga igrexa, situada na praza de Compostela (daquela coñecida como Praza da Constitución). Consta de 3 naves de bóveda de medio canón e foi reparada en varias ocasións nos últimos anos. Alberga no seu interior algunhas tallas de importancia, coma a do Sepulcro (elaborada en madeira de buxo e con incrustacións de prata), ou a de san Roque; de menor tamaño atopamos as figuras de san Miguel, san Andrés e san Bieito.
Algúns ornamentos (medallóns incrustados na parte posterior) no seu interior apuntan a unha posible orixe románica da igrexa. Posteriormente, realizouse a escalinata e mais a balaustrada. Xa en tempos do alcalde Ventoso Mariño, decorouse a praza e o adro cun xardín. |
|
Subir
 |
|
|
|
|