Cruceiros
| Cruceiro de Banda ao Río |
Riveira |
|
Encóntrase no barrio de Banda ao Río, xerme e casco vello de Santa Uxía de Riveira. Este cruceiro de construción e forma recente presenta unha crucifixión con sinxeleza, só adornada cun capitel barroquizante no que se observan volutas entrelazadas, motivos vexetais e unha face dunha anxiño en cada cara.
|
|
Subir
 |
| |
|
|
Cruceiro do Cristo dos Aflixidos |
Carreira |
|
Encóntrase no lugar de Montevixán, no corazón urbanizado de Carreira. Esta cruz sobre columna octogonal é un dos máis recentes cruceiros do municipio, que se encadra nunha escola máis perfeccionista no tocante á anatomía. Perde o aquel das figuras traballadas artesanalmente pero compénsase cunha forte expresividade na composición.
|
|
Subir
 |
| |
|
| Cruceiro do Castelo |
Riveira |
|
Situado no barrio do Castelo, en pleno casco urbano de Santa Uxía de Riveira, preto da praza de abastos, pasa por ser un dos monumentos deste tipo máis emblemáticos da vila, dedicado á Virxe da Saúde xa en 1867. Trátase dunha cruz sobre urna e columna octogonal, coa base disposta en chanzos de dúas vertentes. A súa escasa altura confírelle un aspecto rudo pero de indubidable beleza pola súa imaxinería e estilo.
|
|
Subir
 |
| |
|
|
Cruceiro de Frións |
Frións |
|
Situado no barrio de Frións, á beira da igrexa de San Paio de Carreira, englóbase – ao igual có do Cristo dos Aflixidos– na recente escola que aposta polo perfeccionismo anatómico e a carga dramática. Presenta dúas frontes, coma o monumento do Pombal, aínda que se lle concede preeminencia á representación do Cristo. Consiste nunha base ortogonal disposta en chanzos, unha columna hexagonal e un chapitel composto de facianas de anxiños e de volutas que soportan a cruz. |
|
Subir
 |
| |
|
| Cruceiro de Marcos |
Palmeira |
|

Atópase no centro do casco urbano de Palmeira, preto do peirao, a uns 100 metros abaixo da igrexa. Dunha base cilíndrica sobre un soporte axardinado ascende unha columna que simula o tronco dunha árbore podada; este orixinal piar sostén un capitel de inspiración corintia que alterna decoración de figuras humanas e vexetais. Arriba, a crucifixión represéntase no seu máis puro estilo.
|
|
Subir
 |
|
Cruceiro da Nosa Señora de Belén ou da "Santa de Moldes" |
Oleiros |
|
Situado no lugar de Moldes, ao pé da estrada cara á Curota ou á Pobra. Deste cruceiro de urna con imaxe, destaca a sinxeleza coa que se tratou a temática: unha representación da Virxe, na súa dobre faceta de Nai e Raíña, e do Neno no seu colo, protexido e ao mesmo tempo protector ou salvador do mundo. Mediante a policromía o conxunto consegue unha grande expresividade facial; os trazos curvos e os enormes ollos das figuras acadan unha expresión doce, lonxe de calquera hieratismo dramático. Este conxunto pode adscribirse a unha orixe máis artesanal e popular. Por iso é o centro dunha das romaxes máis importantes e que máis veciños acolle en todo o municipio. |
|
Subir
 |
|
Cruceiro do Viso |
Olveira |
|
Atópase na aba dunha pequena elevación do terreo, nun claro rodeado de arborado en pleno medio rural da parroquia de Olveira. Consiste nunha cruz con urna sobre piar octogonal e base ortogonal en chanzos. O conxunto aseméllase ao consagrado á Virxe da Saúde no Castelo, en Santa Uxía, e malia a escasa altura, a súa localización realza o monumento. |
|
Subir
 |
|
|
|
Cruceiro do Outeiro |
Artes |
|
Situado no lugar de Outeiro, na parroquia de Artes e xusto ao carón da igrexa e do cemiterio, presenta unha cruz sobre chapitel e columna hexagonal de grande esvelteza. Tamén o caracteriza a dupla frontalidade, coma o cruceiro de Frións, ao lado do adro da igrexa de San Paio de Carreira. |
|
Subir
 |
|
Cruceiro do Pombal |
Riveira |
|
Situado no barrio do Pombal, no casco vello de Santa Uxía, no alto da praza de Teruel. É un dos máis fermosos do municipio: policromado, parte dunha base piramidal disposta en chanzos, unha columna esvelta e octogonal, un capitel mixto e unha cruz de dobre fronte. Representa unha temática habitual –a crucifixión e a virxe. Nun lado, obsérvase a virxe do Socorro sostendo no colo ao neno Xesús, e mentres que outro meniño lle turra das roupas, na man dereita empuña unha estaca de madeira. A intrahistoria conta que a virxe agrediu ao mesmo diaño con esa estaca para salvar a alma do rapaciño que lle invocaba axuda. |
|
Subir
 |
|
Cruceiro dos Remedios |
Riveira |
|
Situado no barrio de Deán Pequeno, en Santa Uxía, pasa por ser un dos máis significativos do municipio, por imaxinería e antigüidade –o artesán canteiro deixou constancia da súa autoría coa lenda "Isolo Andrés Gomes Fdo 1646". Componse dunha urna que alberga a imaxe da Virxe co Neno en brazos, e dun Cristo que coroa este monumento policromado que se sustenta nun piar octogonal sen base. |
|
Subir
 |
|
Cruceiro de Santa Clara |
Riveira |
|
Atópase no barrio de Deán Grande, en Santa Uxía. A factura do cruceiro aseméllase moito á do monumento veciño de Deán Pequeno, pero non se pode afirmar que comparta a antigüidade. Consiste nunha cruz sobre urna e piar octogonal, cunha base piramidal en chanzos. O máis singular resultan os motivos decorativos cos que conta a pedra do interior da urna. |
|
Subir
 |
|
|
|
|
|