Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.

PARQUES

Praza do Concello

Riveira

A praza con máis historia do núcleo urbano riveirense, tamén chamada popularmente Alameda. Centro neurálxico da vida social, axardinado e cunha emblemática palmeira no centro, tivo antigamente por nome Campo do Frade. Hai máis de 150 anos era unha paisaxe de leiras e prados. Un franciscano que viña con certa frecuencia a Riveira e paseaba errabundo e orando por aqueles campos semella o responsable da denominación.

A Casa do Concello edificouse neste lugar a finais do s. XIX e a praza pasou a sufrir reformas sucesivas: foi adornada con dous canos e unha escalinata a comezos do s. XX; foi utilizada, por certo, como campo da feira, antes de trasladar o mercado ambulante ao actual parque co mesmo nome (onde durante longo tempo se asentou o cuartel da Garda Civil); en 1933 recibiu o nome de Praza da República, aínda que xa antes se denominara Praza de Afonso XIII. O aspecto que presenta hoxe en día é o que os riveirenses veñen coñecendo, con lixeiras variacións, desde hai 50 anos.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
 Parque García Bayón
Riveira

Así chamado en honor ao célebre cronista oficial de Riveira, Carlos García Bayón. Foi construído a principios de 1987, en tempos do alcalde Ventoso Mariño. A zona, antigamente praia, foi gañada ao mar e sitúase entre o cruce da fonte de Padín e a parte central da Lonxa de Riveira. O proxecto inicial, do arquitecto Julián Morenas Aydillo, mudou xa de aspecto: un canal que remataba nun estanque foi suprimido en favor de distintas atraccións propias dun parque infantil, que veu substituír tamén ao que existía antes. Ten uns 250 metros de longo e constitúe unha ampla zona de recreo, arboredo e peonil.

Ademais, supón unha importante área de ocio que destaca polo ambiente das súas terrazas, o cal fai deste parque un lugar ideal para un sen fin de actividades ao longo do ano, sen esquecer as actuacións musicais que teñen lugar en datas festivas.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Praza de Otero Goyanes

Riveira

Popularmente coñecida por Praza da Igrexa, a súa actual faciana débella ao proxecto de Luis Sarasquete Otero, realizado en tempos do alcalde Ventoso Mariño, en 1987. Elimináronse prazas de aparcadoiro en favor do peonil. A última reforma, de 2002, agrandou as escaleiras de acceso á Igrexa Parroquial. O nome auténtico da Praza homenaxea ao Marqués de Revilla, cuxo pazo se encontra xusto diante da Igrexa e da súa praza.

Subir

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Paseo Marítimo de Coroso

Riveira

Esta obra longamente anhelada fíxose realidade en 1998, da man de Costas de Galicia. Paralelo ao areal de Coroso, esténdese ao longo de 2 quilómetros cunha fila de arboredo e carril-bici. O paseo, duns 4 metros de ancho, desfila por diante de varios centros educativos e algún establecemento de ocio, bastante concorrido no verán. Percorréndoo podemos admirar a praia de Coroso, toda a fachada marítima de Santa Uxía e unha amplísima zona da ría de Arousa.

Subir

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Parque Pedra Pateira

Riveira

Situado no barrio xerminal de Riveira, Banda ao Río, e ao pé do mar, ofrece un espazo axardinado no que pasear, sentar ou xogar, grazas a un pequeno parque infantil e unha pista de baloncesto. Tamén lle é dado ao cidadán refrescarse nunha fonte de auga potable ou admirar os dous monumentos que decoran e dotan de maior resonancia esta zona verde: o monumento á Dorna e mais o dedicado á Armada, representado por unha áncora de gran tamaño. O proxecto do Parque xerouse na Oficina Técnica Municipal e acometeuse en 1991. Unha fonte de considerables proporcións ocupa o centro do Parque, que embelece a vila na súa saída cara a parroquia de Castiñeiras.

Subir

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Parque Periurbán de San Roque

 Corrubedo



En 1995 comezou a tomar forma este impresionante recinto onde se mestura natureza, homenaxe á nosa herdanza cultural, lecer e traballo. O parque sitúase no linde do casco urbano de Riveira e a súa superficie rolda os 175000 metros cadrados. Desde o centro da cidade é posible acceder a pé seguindo varias corredoiras e pola estrada atópase a uns 500 metros da rotonda de Xarás onde desemboca a Vía Rápida. Desde o ano 2000, a instalación no parque da Escola-Obradoiro de Cantería "Illa de Sagres", unha institución formativo-laboral promovida polo municipio, deu un pulo definitivo para a transformación do parque nunha zona multidisciplinar cunha vertente temático-cultural moi presente. Así, foi dotado o recinto cunha réplica dun castro, dunha palloza, de petroglifos sobre grandes pedras e dun dolmen, facendo un repaso aos atractivos histórico-turísticos do concello. A Escola-Obradoiro é tamén responsable da construción dun invernadoiro e dun almacén e continúan os traballos para a ornamentación do complexo.

O parque está dotado de aseos, cafetería, un envexable miradoiro con vistas á ría de Arousa, e unha área de recreo e merendeiro, con mesas e bancos e unha caseta de pedra preparada para grandes churrascos.

A proximidade de varios lugares de interese fan da localización do parque un lugar idóneo: a capela de San Roque ou un vello lavadoiro están a tan só 100 metros, a pé, do recinto. A 1,5 quilómetros atópase o miradoiro da Pedra da Ra, no Monte da Cidá.

Acceder á Micro Web do parque de San Roque: Fai clic aqui

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.