Concello de Riveira Español English Português
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Parque Dunar | Praias | Sálvora | Vistas | Dólmen e petroglifos | Igrexas | Parques
Monumentos modernos | Edificios Visitables | Outras pegadas históricas

.

.
Nesta sección consulta:

Edificios Visitables | Museos

Edificios Visitables

O Auditório

Riveira

O edificio do Auditorio foi inaugurado en 1999, e converteuse na nova Casa da Cultura, que alberga as dependencias dos departamentos de Deportes, Xuventude e Cultura do Concello. Aproveitouse o vello mercado de abastos e a remodelación deu lugar a unha construción que une orixinalidade, historia e modernidade. Principalmente, resolveu o problema da carencia dun amplo salón de actos, ao dotarse a instalación cun auditorio con capacidade para 280 persoas, sentadas en cómodas butacas. A planta de arriba, que antes ocupaban os distintos postos do mercado, habilitouse para sala de exposicións, pensada para museo. A ela accédese por unha rampla xa existente tamén no pasado, e que agora resulta un elemento vangardista dentro da disposición espacial do interior do edificio.

Subir

 
CIELGA - Casa da Costa

Parque Dunar

A Casa da Costa é o centro de recepción de visitantes do Parque Dunar. Calquera tipo de información para guiar o visitante será dispensada polo equipo de biólogos que traballan no complexo para servir á natureza e á xente. As instalacións acollen, ademais dun espazoso vestíbulo, unha sala para proxeccións audiovisuais e as dependencias nas que desenvolve o seu traballo o persoal administrativo e de investigación.


Xunto coa Casa da Costa, en xuño de 1994 inaugurouse tamén o Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia - CIELGA. Este museo interpretativo alberga exposicións do máis innovador e atractivo para o visitante, sempre cunha temática relativa ao ecosistema do Parque, ou con outros ecosistemas costeiros. Tamén hai espazo para as referencias antropolóxicas e culturais, que non deixan de formar parte do Parque, posto que comprende zonas humanizadas.

Subir

 

Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

Riveira

O Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque, emprazado á entrada do Parque Periurbano do mesmo nome, foi construído en 2002 polos alumnos da Escola-Obradoiro Illa de Sagres, que puxeron en práctica as distintas especialidades dos cursos: albanelería, carpintería e cantería. Cun deseño modesto, funcional e modernamente clásico, as súas instalacións acollerán mostras relacionadas co noso pasado. Con este museo abrillántase a face cultural de Riveira e o dáse un paso máis no proxecto para converte a aba de San Roque nun punteiro e pioneiro Parque Cultural.

Acceder á Micro Web do parque de San Roque. (Solo en Gallego)

Subir

Conservatório

Riveira

Construído nos anos 80 é esteticamente loable, serviu de Casa da Cultura ata 1999, ano en que se inauguran as instalacións do Auditorio. Actualmente é a sede do Conservatorio de Música, onde se imparten as clases e se realizan concertos abertos ao público; para iso está dotado con aulas de música. No seu interior conta tamén cunha sala de exposicións, ocupada esporadicamente con determinadas coleccións itinerantes; e cun salón de actos con capacidade para 110 persoas.

Subir

 
Faro de Corrubedo

Corrubedo

O Faro de Corrubedo foi construído en 1853, obra do enxeñeiro Celedonio Uribe, autor de numerosas obras e reformas urbanísticas levadas a cabo en Riveira na segunda metade do s. XIX. Nun enclave privilexiado, é testemuña da ferocidade á que poden chegar as gadoupas dun mar iracundo e de milleiros de solpores, todos distintos.

En 1856 comezou a funcionar como guía para as embarcacións. Primeiro empregábase aceite para a iluminación, máis tarde petróleo e, tan só desde hai uns 35 anos, corrente eléctrica. Coa chegada da electricidade o Faro deshabitouse, o mesmo que moitos outros ao longo da costa, agora centralizados en determinados puntos como Vilagarcía.

Como anécdota, cabe mencionar unha etapa na que os feixes de luz emitidos eran vermellos, no canto de brancos. O motivo foi o malestar social que se xerara despois do naufraxio do transatlántico Santa Isabel fronte a Sálvora; certas especulacións apuntaban á confusión entre os dous faros como a causa do accidente. Esta peculiaridade da luz vermella valeulle ao faro de Corrubedo o sobrenome de faro comunista, que aínda lle perdurou unha vez restablecida a luz branca.

Subir

Parque Dunar

O Parque Dunar constitíe un complexo no que conviven harmonicamente beleza natural e logros humanos.

Aceder

.
Praias

Areais das máis diversas condicións acariñan Riveira ó longo de toda a súa costa.

Aceder

.
Sálvora

Mitoloxía, forza telúrica e a tentación do prohibido fan de Illa Sálvora a esmeralda que contempla Riveira dende o Sur

Aceder

.