Rutas: Introducción
 |
| En ruta ao cumio do Monte Tahúme |
|
Os encantos paisaxísticos de Riveira son todo un acicate para animarse a practicar o sendeirismo ou outras modalidades deportivas coas que gozar das magníficas paraxes. Desde o Padroado de Deportes organízanse distintas "expedicións", ou ben auspícianse andainas colectivas organizadas por diferentes asociacións. En boa compaña faise incluso máis gratificante unha dura subida aos Forcados ou un rebuscado itinerario que culmine na punta do Monte Tahúme. Algunhas das rutas mellor coñecidas e xa practicadas en máis dunha ocasión son descritas a continuación, para os interesados en sumarse a unha partida organizada ou ben en tentar o paseo pola súa conta.
Subir
 |
 |
| Grupo de excursionistas facendo cumio no Monte Tahúme. |
|
|
|
|