Concello de Riveira
PUNTOS DE INTERESE

TURISMO ACTIVO

LECER E GASTRONOMIA

INFORMACIÓN

.
Rutas | Actividades acuáticas | Equitación e Quads

.

.

ACTIVIDADES ACUÁTICAS

Vista del puerto deportivo Sede del Club Nautico
      Vista do porto deportivo.
Sede do "Club Nautico" (CND)


O Club Náutico de Riveira –CND– ten a súa sede no Porto Deportivo de Santa Uxía desde o 1995. Un moderno edificio, obra do arquitecto Javier Ferreiro e do enxeñeiro Javier Blanco, érguese ante os embarcadoiros onde atracan ducias de embarcacións que testemuñan a afección que esperta o mar no seu aspecto lúdico. Os máis de 30 anos de historia da entidade outórganlle un prestixio que continúa a se reforzar: naceu en 1972, localizándose a sede nos baixos do antigo aparcadoiro da praia de Coroso; en 1992 as dependencias trasladáronse ata a Lonxa; e no 1995 produciuse o cambio ao espazo actual, aínda que en primeiro lugar a sede física foi unha nave prefabricada da Escola de Vela; en 2001 inaugurouse o novo edificio, que xa forma parte das construcións representativas de Riveira e que se integrou na faciana que Santa Uxía tende ao mar.

O Club Náutico conta con preto de 530 socios, e oferta entre os seus servizos cursos de vela lixeira, de manexo de dornas, de cruceiro, de mergullo recreativo, de incursións de mergullo guiadas, e tamén a posibilidade de alugar embarcacións e piraguas. Da súa man tamén se organizan competicións, regatas, algunhas delas de gran reputación como etapas da Volta Náutica das Rías Baixas, que teñen parada no Porto Deportivo de Riveira.

Non podemos esquecer que as infraestruturas coas que conta o Club lévano a unha posición sobranceira dentro do Barbanza. Entre as súas instalacións, que acollen a empresa Hidronauta, inclúese unha ampla cafetería-restaurante. O resto das dependencias complétanse con despachos, oficinas e distintas salas. Unhas 17 persoas traballan na entidade: 9 no café-restaurante, entre camareiros, cociñeiro e equipo de limpeza, e 8 divididos nos cometidos de mariñeiría, amarre, vixilancia, oficinas e contabilidade.

Escola de Vela

A Escola de Vela do CND, sita igualmente no Porto Deportivo, ofrece unha serie de actividades orientadas ao mundo da vela a distintos niveis: lecer, iniciación ou competición. Entre as actividades atopamos unha ampla gama de cursos, así como paseos pola ría, ou o aluguer de piraguas.

Para más información: tfno. 981874739;
e-nderezo: escueladevela@nauticoriveira.com

Hydronauta

Esta tenda especializada en mergullo ofrece entre os seus servizos cursos de submarinismo, organización de saídas e inmersións a distintos sitios da ría de Arousa, así como a reparación e mantemento de equipos, a carga de bombonas, ou a tramitación de seguros. Atópase xusto no edificio do Club Náutico de Riveira e garante, por riba de todo, unha actividade submarina divertida, agradable e segura.

Para más información: tel. 981875286 / 659582138;
e-nderezo :
buceo@hydronauta.com / www.hydronauta.com 

Vértice

As actividades que oferta Vértice, situada na praia de Coroso e ligada á entidade do Club Náutico de Riveira, van desde o windsurf ao traslado de praias nunha embarcación pneumática, que pode achegarnos ata lugares paradisíacos como a illa de Vionta ou Sálvora. E tamén podemos deleitarnos coa práctica de esquí acuático ou nas rutas a piragua. A oferta complétase cos alugueiros de bicicletas de montaña, piraguas ou equipamento para windsurf.
Para máis información: tel. 605487425

Para más información: tfno. 605487425

Rutas

Unha morea de suxerencias dos mellores itinerarios para coñecer a paisaxe respirando aire puro.

Acceder

.
Español English Português