|
EQUITACIÓN E QUADS: Ría de Arosa 2
No cámping Ría de Arosa 2, ofrécense diversas actividades como rutas de sendeirismo, para as que se conta con 3 monitores; rutas e aluguer de quads ou bicicletas de montaña. Estes itinerarios atravesan atractivos paraxes de vexetación e monte, visitando lugares aínda sen profanar polo home ou a coñecida fervenza que se encontra preto do recinto do cámping; e levan aos ousados aventureiros ata a capela de Santo Alberto ou ata a praia de Cabío (A Pobra). Estas actividades ofértanse principalmente no verán, aínda que polo inverno mantense o aluguer de quads, que percorren os itinerarios trazados nunha hora. Outra opción que se ofrece neste cámping rural é un desconto nos servizos que presta o Club Hípico Galope, preto de Moldes, xa no concello da Pobra.
Entre as súas prestacións inclúese o alugueiro de cabalos (dispoñen de 7 animais) e paseos guiados (contan con 2 monitores) polo monte Santo Alberto, ata A Curota, ata O Vilar ou Corrubedo. No período estival abren todas as tardes, mentres que ao longo da tempada baixa, as actividades limítanse ás fins de semana.
Subir
 |