Unha árbore de Nadal de 20 metros de altura presidirá a praza do Concello

HOXE SE PRESENTOU A PROGRAMACIÓN NAVIDEÑA DO CONCELLO DESTINADA A INCENTIVAR O COMERCIO, ADEMAIS DE CURSOS E CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN

 Os concelleiros de Cultura e Educación e de Turismo e Comercio, Herminia Pouso e Antonio Freire, ademais do presidente da Asociación de Empresarias de Riveira, Antonio Miranda, presentaron a programación do Concello destinada a incentivar a actividade comercial durante esta época.

 

Neste senso, Herminia Pouso informou de que o acendido do alumeado de Nadal terá lugar xa o 1 de decembro e, entre outras novidades, incluirá un árbore de Nadal de vinte metros de altura que estará emprazado na praza do Concello e poderá atravesarse ou meterse dentro, ademais doutro de dez metros no Malecón ou unha fonte luminosa na Concordia.

 

Así mesmo, en colaboración coa Asociación de Empresarios desenvolveranse os tradicionais concursos de escaparatismo e decoración hostaleira de Nadal. Están abertos a todos os locais hostaleiros do municipio, sexan ou non socios do colectivo empresarial e celebraranse entre o 16 de decembro e o 6 de xaneiro.

 

Outra actividade que regresa ante a gran resposta dos últimos anos é a pista de xeo que estará emprazada na praza de España. Neste caso foi Antonio Freire quen informou dalgunhas das particularidades desta pista, que este ano contará con zona chill-out e abrirá xa o vindeiro 1 de decembro ata o 7 de xaneiro.

 

En canto aos horarios de apertura, de luns a xoves será de 17 a 22 horas; os venres, sábados e vésperas de festivo, de 11 a 14 e de 17 a 24 horas; e os domingos e festivos, de 11 a 14 e de 17 a 22 horas. O prezo individual será de 7 euros, se ben existe a posibilidade de prezos familiares: dous adultos e un neno menor de 13 anos no que os primeiros abonan 6 euros cada un e o pequeno 5. Así mesmo, en horario de mañá de 11 a 22 de decembro poderán acudir grupos escolares ou de asociacións e entidades semellantes a un prezo individual de 4 euros previa reserva.

 Conciliación

Por outra parte, o acto de hoxe serviu de escenario tamén da presentación doutras accións, como son os campamentos de conciliación do Nadal, no que o período de inscrición terá lugar do 24 de novembro ao 10 de decembro, cubrindo o formulario online da paxina web a partir do venres 24 de novembro ás 10:00 h ata as 23:59 horas do 10 de decembro ou de xeito presencial no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira, de 10:00 a 13:00 e de 19:00 a 21:00 h, de luns a venres.

 

Tales campamentos de conciliación son o campamenro multidisciplinar Nadal Concilia (do 22 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018 en Riveira), que se celebrará no Conservatorio; e o campamento Nadal Xogo (do 22 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018) a celebrar nas parroquias de Aguiño –para Aguiño, Castiñeiras e Carreira- e de Oleiros –para Oleiros, Olveira, Corrubedo e Artes.

 

Tamén haberá un obradoiro infantil de iniciación á escultura gratuíto que se celebrará no Auditorio os días 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. O prazo de inscrición terá lugar do 24 de novembro ao 17 de decembro, tamén cubrindo un formulario online ou no Centro Cultural Lustres Rivas.

 

Por último, cómpre salientar os obradoiros de cociña e repostería de Nadal gratuítos que se celebrarán na aula de Servizos Sociais da rúa Cristóbal Colón (haberá dous cursiños gastronómicos os días 12 e 13 de decembro por unha parte, e 14 e 15 de decembro por outra, en horario de 18.30 a 21 horas).

 

E tamén o obradoiro de arte floral e decoración de Nadal, tamén gratuíto, que terá lugar na Casa da Xuventude os días 12, 13, 14 e 15 de decembro de 17.30 a 20 horas.

 

En estos dous obradoiros a inscrición será do 24 de novembro ao 1 de decembro, online ou no Lustres Rivas.

nadal_comercio_modi