V Edición das Xornadas Saudables que organizan os Servizos Sociais de Riveira

NOTA INFORMATIVA: Toda a xente inscrita no curso de formación " A enfermidade de Alzheimer e a súa abordaxe multidisciplinar" está ADMITIDA.

As Xornadas Saudables que organizan os Servizos Sociais de Riveira alcanzan a súa quinta edición cun completo cartel formado por seis actividades de inscrición gratuíta, que se entenderán dende principios de abril ata mediados do mes de xuño da man de distintas asociacións e entidades.

O alzheimer, o dano cerebral adquirido, a alimentación e a cociña saudables para as persoas maiores, a musicoterapia e o baile integran a temática que se explicará no transcurso destas accións que foron presentadas hoxe pola concelleira Esther Patiño e a xefa de servizo, María Francisca Vidal.

As inscricións en todos os casos débense formalizar no Departamento de Servizos Sociais situado no edificio Mirador de Padín (981 874 131 / servizossociais@riveira.com).