XLV certame galego de narracións breves “Premio Modesto R. Figueiredo”, ano 2019.

O Concello de Riveira colabora coa Fundación do Padroado Pedrón de Ouro na convocatoria do XLV certame galego de narracións breves “Premio Modesto R. Figueiredo”, ano 2019.

Bases do certame

Este certame tivo a súa primeira convocatoria no ano 1975. Desde daquela este certame é un referente na historia da literatura galega contemporánea con autores e autoras como Xoán Ignacio Taibo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Alcalá, Anxel A. Rei Ballesteros, Víctor Fernández Freixanes, Manuel Riveiro Loureiro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Miguel Anxo Fernán Vello, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Roman Raña Lama, Antón Castro, Ánxeles García Sumay, Ramiro Fonte, Miro Villar, Ramón Nicolás Rodríguez, Luísa Villalta, Helena Villar Janeiro, Antón Riveiro Coello, Lino Braxe Mandiá, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros Díaz, Luís González Tosar, Inma López Silva, Antón Rodríguez López, Beatriz Dacosta Molares, Emma Pedreira, María Esther Fernandez Carrodeguas, Begoña Paz Rey... e tantos outros entre as persoas premiadas ao longo dos anos.

Sobre as obras:

As obras estarán escritas en lingua galega, deben ser inéditas e que non se presentasen antes a ningún outro certame literario. Terán ademais unha extensión: un mínimo de cinco e un máximo de trinta páxinas mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara en follas de tamaño DIN-A4.

Prazo de presentación:

Ata o 20 de novembro de 2019.

Enderezos de recepción:

FUNDACIÓN DO PADROADO DO PEDRÓN DE OURO

Premio Narracións Curtas do Pedrón de Ouro

Apdo. de Correos, 627. Santiago de Compostela

CONCELLO DE RIBEIRA

Premio Narracións Curtas do Pedrón de Ouro

Praza do Concello, nº 1 . 15960 RIBEIRA (A Coruña).