Xornada de Primeiros Auxilios (4h)

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS (4 horas)

O Viveiro de Empresas do Concello de Riveira acollerá unha xornada gratuíta  sobre “Primeiros Auxilios” da Escola Galega de Saúde para Cidadáns .

Realizarase o día 3 de abril, de 16:30 a 20:30 e nela abordaranse contidos relacionados coa atención inicial básica en situacións de urxencia:

  • Como chamar  ao  061?
  • Asistencia inicial ante un traumatismo : Feridas e hemorraxias
  • Convulsións , crise epiléptica.
  • Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc.
  • Dor torácica.
  • Queimaduras: escaldadura.
  • Perda de coñecemento: síncope, coma,…
  • Diabete: Hipoglucemia.
  • Reaccións alérxicas.
  • Picaduras, mordeduras.
  • Reanimación Cardiopulmonar Básica: atragantamento, recoñecemento dunha PCR.

As persoas interesadas poden inscribirse no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Riveira (Viveiro de Empresas).

Prazo de inscrición: do 27 ao 29 de marzo (de 8:00 a 15:00h)

As prazas asignaranse por orde de inscrición (unha persoa só poderá tramitar como máximo 2 inscricións)

Programa

Cartel