Xornada de promoción do emprego autónomo

XORNADA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

 O Concello de Riveira, no marco da colaboración coa Fundación Ronsel, impartirá unha xornada de promoción do emprego autónomo dirixida a todas aquelas persoas interesadas na posta en marcha de proxectos empresariais.

A xornada terá lugar o día 21 de novembro de 10 a 12 horas no Viveiro de Empresas e nela trataranse os seguintes contidos:

  • Tendencias e modelos de negocio.
  • Como analizar a viabilidade dun proxecto empresarial.
  • Recursos e axudas para a posta en marcha e a consolidación dunha empresa.

Networking entre as persoas participantes.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse de forma gratuíta no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira, no teléfono 981 87 14 97 ou no correo electrónico: orientacionriveira@riveira.com (indicando nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto).