Xornada informativa en Riveira: Proxectos de xuventude e mobilidade da fundación Paideia

 O martes día 30/04/2019, ás 18:00 está previsto que se celebre no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira unha charla informativa sobre os programas de xuventude que está a desenvolver a Fundación Paideia: programa formativo en industrias musicais, servizo de voluntariado europeo…

Está dirixida a persoas de 16 a 29 anos e as interesadas en asistir poden INSCRIBIRSE:

Enviando un correo cos seus datos (nome e apelidos, data de nacemento e teléfono) a: xuventude@riveira.com /orientacionriveira@riveira.com

Ou ben, chamando por teléfono: 981 83 52 89 / 981 87 14 97

Nota: A charla realizarase no caso de que haxa un número mínimo de persoas inscritas.

Máis información sobre a Fundación Paideia: https://www.paideia.es/