Xornada informativa sobre as axudas ao emprego autónomo

XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS AO EMPREGO AUTÓNOMO

 Publicada a Orde de convocatoria do programa de axudas á promoción do emprego autónomo (DOG nº 22, do luns 3 de febreiro de 2020), o Viveiro de Empresas do Concello de Riveira ofrece unha xornada informativa gratuíta que será impartida por un técnico da Fundación Ronsel.

Data da xornada: xoves 13/02/2020, de 12 a 14 horas.

 As persoas interesadas en asistir, poden formalizar a inscrición:

Por correo electrónico: orientacionriveira@riveira.com (indicando nome e apelidos, localidade de residencia e teléfono de contacto)

Por teléfono (no 981 87 14 97)

Presencialmente: no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira (Fafián, 29 – antigo matadoiro municipal).