Xornada informativa sobre as axudas PEL 2020

XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS PEL 2020

Publicada a convocatoria de axudas PEL 2020 dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña (BOP nº 29, do mércores 12/02/2020), o Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira ofrece unha xornada informativa gratuíta que será impartida por un técnico da Fundación Ronsel.

Data da xornada: xoves 12/03/2020, de 12 a 14 horas.

 Programa:

  • LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (ABERTO O PRAZO DE PRESESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 20/02/2020).
  • LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRESESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020).
  • LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRESESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020).

As persoas interesadas en asistir, poden formalizar a inscrición:

Por correo electrónico: orientacionriveira@riveira.com (indicando nome e apelidos, localidade de residencia e teléfono de contacto)

Por teléfono (no 981 87 14 97)

Presencialmente: no Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira (Fafián, 29 – antigo matadoiro municipal).