Xornadas no Viveiro de Empresas no mes de Maio: Manexo do Estrés e a Ansiedade / Iniciación á Lingua de Signos

Durante o mes de maio o  Viveiro de Empresas do Concello de Riveira acollerá dúas xornadas gratuítas  da Escola Galega de Saúde para Cidadáns .

A primeira delas terá lugar o 3 de maio, de 16: 30 a 20:30 e versará sobre o “Manexo do Estrés e a Ansiedade”, mentres que o 31 de maio no mesmo horario realizarase outra de “Iniciación á Lingua de Signos”.

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Riveira (Viveiro de Empresas) do 24 ao 26 de abril (de 8:00 a 15:00h)

As prazas asignaranse por orde de inscrición (unha persoa só poderá tramitar como máximo 2 inscricións)

Programa Manexo do Estrés e a Ansiedade

Programa Iniciación á Lingua de Signos